Beatriz González: «O acceso a Internet e á fibra é fundamental»

Ana Gerpe Varela
A. Gerpe RIBEIRA / LA VOZ

LOUSAME

Beatriz González, concelleira do PSOE de Lousame
Beatriz González, concelleira do PSOE de Lousame

A concelleira do PSOE destaca que o rural precisa ter as necesidades básicas cubertas

10 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A concelleira do PSOE Beatriz González converteuse en voceira municipal coa entrada do novo ano, en substitución do seu compañeiro Xulio Paradela.

—Onde incidiría o PSOE?

—O acceso a Internet e á fibra, así como a unha boa cobertura de telefonía móbil é fundamental. Viuse agora coa pandemia, con moitos rapaces con dificultades para descargar o material que lle mandaban dende a escola. A maioría dos núcleos non teñen 4G, pero é que hai moitos que nin dispoñen de 3G.

—Que valoración fai destes dous anos de mandato?

—Entendemos que foi unha etapa difícil, pero pensamos que o goberno debe moverse máis. O rural precisa ter as necesidades básicas cubertas e, por exemplo, non vemos de recibo que non haxa rede de saneamento.