Anxo Moledo: «Non sabemos que vai pasar cos empregos de Serra do Barbanza»

Ana Gerpe Varela
A. Gerpe RIBEIRA / LA VOZ

LOUSAME

Anxo Moledo, BNG
Anxo Moledo, BNG macros creo

O voceiro do BNG critica que o goberno «non ten en conta á oposición»

10 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha das críticas do voceiro do BNG, Anxo Moledo, é que o PP «non ten en conta á oposición. Non se nos chama para reunións do covid».

—Que faría o BNG se gobernase?

—Realizaríamos unha auditoría do Concello e preocupariámonos por temas como o da balsa da mina de San Finx, porque pode supoñer un gran problema.

—Cales son as prioridades da súa formación?

—Non sabemos que vai pasar cos empregos de Serra do Barbanza e somos o concello máis afectado. A concesión remata en dous anos e hai tempo que non se convoca a asemblea. Lousame debe moverse nese ámbito.