Os rapaces de Lousame cantarán e xogarán con Rosalía de Castro

M. X. B. RIBEIRA

LOUSAME

MARCOS MÍGUEZ

Unhas das actividades consistirá na confección dun gran cadro no que se empregará a arte para lanzar mensaxes de igualdade

13 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo • Casa de cultura de Lousame • 18.00 horas • Rosalía, todos por igual é o título da actividade lúdica e didáctica que este domingo se desenvolverá en Lousame. Trátase dun obradoiro artístico que está dirixido a nenos a partir dos 5 anos e que xirará ao redor da poetisa do Sar e do seu libro Cantares gallegos. De impartilo encargaranse Marcos Acuña, de Truque Matruque, e Esteban Acuña, de Tarabelos.

A rapazada que acuda á casa de cultura cantará os versos de Rosalía de Catro e tamén xogará con eles. Incluso está prevista a realización dunha actividade colectiva, consistente na confección dun gran cadro no que se empregará a arte para lanzar mensaxes de igualdade, como facía a escritora.