Manuel Miguéns: «Quero orquestras con máis música e menos espectáculo»

LOUSAME

marcos creo

Nada menos que 61 anos leva Manuel Miguéns encargándose da organización dunha das xornadas festivas de Tállara, a do mércores.

04 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Nada menos que 61 anos leva Manuel Miguéns encargándose da organización dunha das xornadas festivas de Tállara, a do mércores. É o veterano dun equipo liderado por media ducia de veciños, arroupados claro está por varios colaboradores. Aínda recoñecendo que detrás de cada verbena hai moito traballo, asegura que aínda ten folgos para seguir.

—Non pensa aínda no relevo?

—Ata que morra non deixo. É certo que teño 78 anos e xa me empezan a pesar, pero mentres me queden forzas seguirei.

—Vese con posibilidades de gañar este ano a batalla?

—Para iso hai que esperar ata que rematen as festas, pois non entraron no campo todos os xogadores. Todos estamos con esa ilusión, pero conformámonos con que non chova, pois así a festa loce máis.

—Para vostede, cales foron polo de agora as mellores orquestras?

—Teño que dicir que me gustou moito Trébol, a que actuou o martes, pero todas foron máis ou menos. Aquí o campo préstase, e a xente tamén. Polo demais, non hai orquestra que lle guste a todo o mundo por igual.

—Era máis complicado organizar unhas festas cando vostede se embarcou nesta aventura ou agora?

—Cando eu empecei non había tantas facilidades coma hoxe. Incluso tiñamos que montar nós os palcos para que actuaran as orquestras, indo ao monte na procura de madeira. Tiñamos que ir porta por porta pedindo millo, para despois debullalo e vendelo. Aquí a xente sempre quixo festas e sempre se xuntaron os cartos, pero antes había que traballar moito.

—Se tivera liberdade total para elixir dúas orquestras, con cales se quedaría?

—Para min, Os Satélites é unha gran orquestra e hai outras similares que tamén me gustan. Eu quero orquestras con máis música e menos espectáculo, que fagan sonar os instrumentos.

Está contento co cartel que se conseguiu este ano?

—Estou moi contento porque considero que é un bo cartel. Hai que ter en conta que con seis días de festas é complicado manter o nivel. Pero ten que ser así, porque aquí a xente non se cansa nunca, penso que se tiveramos unha semana máis de festas, os veciños seguirían acudindo cada día.

Empezou xa a pensar na vindeira edición?

—Aínda non, primeiro quero gozar das festas deste ano. Pero é certo que dentro de pouco xa estaremos novamente enredados na organización das seguintes. Normalmente, unha vez que pasan as Navidades xa nos poñemos mans á obra para que despois non se nos bote o tempo enriba.

Último asalto a cargo de Finisterre y Compostela

La suerte ya casi está echada en Tállara. Después de cinco intensas jornadas, las fiestas de San Roquiño llegan a su fin y con esta última verbena concluirá también la singular batalla que cada año por estas fechas se lidia en la parroquia. El aspecto que presente esta noche el campo permitirá conocer la identidad del ganador de la contienda, es decir, determinar qué orquestas lograron congregar al mayor número de espectadores.

Para el último asalto, Manuel Ángel Moledo, el encargado de organizar cada año la verbena del viernes, ha puesto toda su confianza en las orquestas Finisterre y Compostela. Juega además con la ventaja de que muchos vecinos descansan el sábado y pueden por lo tanto disfrutar con libertad de la larga noche.

O Son do Pote se encargará de las dianas y, tras la misa de las 13.00 horas, Compostela animará la última sesión vermú.