Carnota festexará con Serxio Pazos o Día das Letras

LA VOZ RIBEIRA / LA VOZ

CARNOTA

PABLO ARAUJO

Os interesados en acudir teñen que enviar un correo a cultura@carnota.gal ou chamar ao teléfono 647 459 445.

21 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Un monólogo para o público adulto que Serxio Pazos ofrecerá o vindeiro día 8 abrirá en Carnota o programa deseñado polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado nesta ocasión ás escritoras Xela Arias. Precisamente, sobre a figura desta autora versará a sesión de contos que o 14 presentará a compañía Polo Correo do Vento. O peche correrá a cargo de Talía, que o 21 poñerá en escena Voa, voa!, un espectáculo vinculado coa tradición oral e dirixido aos nenos.

Todas as actividades son gratuítas, pero requiren reserva previa, polo que os interesados en acudir teñen que enviar un correo a cultura@carnota.gal ou chamar ao teléfono 647 459 445.