Bea Campos abre en Carnota o ciclo infantil «Temos moito conto»

O programa inclúe outras dúas sesións narrativas a cargo de Trécola e Trinketrinke


Mañá • Casa consistorial de Carnota • 17.30 horas • A actriz de Migallas Teatro Bea Campos abrirá mañá un ciclo de narradores en Carnota, dirixido aos máis pequenos. Botará man de Contos nas orellas, unha compilación de historias sobre trasnos e carapuchiñas. O programa Temos moito conto continuará o día 18 con Marionetas Trécola, que presentará unha obra de monicreques titulada Xogo revolto.

O colofón deste ciclo que pretende animar aos nenos a mergullarse no mundo da lectura chegará o día 25 da man de Trinketrinke e O ratiño presumido.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Bea Campos abre en Carnota o ciclo infantil «Temos moito conto»