O BNG presenta a Emilio Louro como garante da transformación de Carnota

A formación destaca o saneamento das contas como o gran logro da súa etapa á fronte do Concello


«É a garantía para continuar co traballo transformador iniciado polo BNG en Carnota». Con estas palabras presentaba a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, ao candidato da formación Emilio Louro, nun acto que tiña lugar a última hora da tarde do sábado. Eficacia e transparencia foron os dous piares que empregou para referirse ao traballo que os nacionalistas veñen facendo no concello barbancés. «Nós non facemos coma o PP, que deixa endebedadas as arcas e pufos por todas partes», denunciou.

Á economía tamén se referiu Emilio Louro, que contrapuxo a xestión do BNG fronte «ao desgoberno do PP, que deixou un concello acuciado polas débedas e as contas intervidas polo Consello de Contas». Engadiu que o Bloque conseguiu democratizar a Administración local, apuntando como reto «volver a investir para seguir avanzando».

Do traballo feito ata o de agora polo goberno nacionalista de Carnota, Louro destacou a recuperación económica: «Logramos saldar tódalas débedas pagando integramente as facturas que durante unha década foron gardadas nun caixón». Engadiu que se presenta aos comicios cun propósito de continuidade do traballo realizado polo actual rexedor, Ramón Noceda. Como un dos grandes retos anunciou a súa intención de poñerlle freo ao declive demográfico, sinalado que para conseguir é preciso ilusionar á xente: «Temos un territorio envexable e con persoas capaces, pero necesitamos o apoio das institucións».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

O BNG presenta a Emilio Louro como garante da transformación de Carnota