«Letras ao camiño» segue a súa xira e chega a Carnota

La Voz

CARNOTA

cedida

A exposición promovida pola asociación rianxeira O Ferrado está dedicada aos escritores  homenaxeados polo Día das Letras entre 1973 e 1982

20 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A exposición Letras ao camiño, promovida pola asociación rianxeira O Ferrado, chegou á casa do concello de Carnota, onde permanecerá a disposición dos veciños ata o 8 de xaneiro. Os paneis recollen a traxectoria dos autores que foron homenaxeados polo Día das Letras no período comprendido entre 1973 e 1982, como Cabanillas, Risco ou Luis Amado Carballo.