Os veciños de Carnota andan a prol da lingua

La Voz

CARNOTA

27 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Valdebois (Carnota) • 9.30 horas • Cunha andaina amosarán os veciños de Carnota o seu compromiso co galego. A ruta comezará nos muíños de Valdebois coa lectura dun manifesto a prol do emprego do galego, para continuar despois por Panchés e A Curra antes de regresar ao punto de partida. Trátase dun percorrido de 11 quilómetros de distancia.