A Romaría das Letras de Boiro regresará o día 17 ao pazo de Goiáns

Francisco Brea
F. Brea RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

CARMELA QUEIJEIRO

Non faltarán o tradicional mercado, as presentacións literarias a cargo de Barbantia e a música

12 may 2023 . Actualizado a las 15:15 h.

O Concello de Boiro, coa colaboración da Asociación Cultural Barbantia, teñen programadas diversas actividades para celebrar o 17 de maio no pazo de Goiáns o Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a Francisco Fernández del Riego

A apertura do pazo, onde durante toda a xornada se poderá visitar a exposición fotográfica do homenaxeado e o mercado, está prevista para as 11.00 horas. Ás 12.00 haberá baile galego con Xilbarbeira e o grupo de Abanqueiro, e ás 13.30 a sesión vermú no xardín a cargo de Habelas Hailas.

Logo do xantar popular con polbeira, ás 16.00 horas, terá lugar a apertura institucional e as presentacións literarias que organiza Barbantia, e que irán acompañadas dun espectáculo teatralizado dos Quinquilláns. Vaise presentar Cantigas quero eu lembrar, de Xulio Guitiérrez, que contará cunha actuación de Os Menestreis, e Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura, de Xosé L. Franco Grande e Anxo X. Rajó Pazo.

Ás cinco da tarde realizarase un café concerto con Caamaño e Ameixeiras; media hora despois actuará no pombal Rudy Dudy Clow, é as seis comezará o baile na eira con Aroña e Abeloura. A programación continuará cun espectáculo teatralizado do grupo Airiños de Rianxo, que fará a presentación do libro que conmemora o seu 90 aniversario. Para rematar a xornada, A Banda da Loba ofrecerá un concerto a partir das 20.00 horas.

Durante todo o día estará instalado o mercado con postos como o da libraría Ler, da Pobra; a Nobel, de Boiro, Paco Casal, San Cosmeiros, A gata Moscovita, Moncho Xoieiro, Son Agasallo, Diana Onlooker, Cruz Vermella de Boiro e a mostra de palilleiras Revolteir@s.