Joseba Beobide, un gallego nacido en Euskadi

José Manuel Muñiz TRIBUNA PÚBLICA

BOIRO

Vista del puerto de Escarabote, en Boiro.
Vista del puerto de Escarabote, en Boiro. MARCOS CREO

15 ago 2023 . Actualizado a las 19:14 h.

O Padre Joseba Beobide Arburúa é por fin, dalgún xeito, cidadán de Boiro. Así o certificou onte a súa corporación municipal, enchendo de honra o nomenclátor local e cubrindo unha interesante folla de ruta que comezou cando un grupo de veciñas e veciños de Escarabote, representados por o párroco Marcelino Sánchez, o patrón de pesca José Manuel Maceiras, o contramaestre Manuel Agrelo, e un servidor, solicitamos ao seu alcalde, José Ramón Romero, que o seu nome fose perpetuado nunha rúa desta localidade puxante e mariñeira coma poucas.

Grazas a esta decisión, Boiro lembra a unha persoa imprescindible para a flota bacallaeira galega da segunda metade do século XX. Unha desas persoas que entenderon o seu labor pastoral do lado da xente máis humilde e que comprometeron a súa vida no servizo aos demáis, nun alarde de entrega desinteresada e valente.

Hai case unha década, Aetinape facíalle a este home vasco pero máis galego e máis grande que a Catedral Compostelá, unha homenaxe pública en Bilbao, onde vive cunha saúde algo delicada. Farémoslle chegar á súa familia esta noticia desde este recuncho do mundo mariñeiro que de seguro ten un lugar fixado para sempre no seu corazón, porque como dixemos no seu momento, é vasco de nacemento, galego de adopción e cidadán do mundo.

Un galego vasco completamente integrado entre nós non só por vivir tantas experiencias entre os pescadores de Terranova, logo de vinte anos á fronte dos Stella Maris en Saint John´s, senón tamén pola súa admiración por Rosalía e polos vencellos do seu pai, escultor e alumno do grande escultor galego Asorey, a quen lle unía unha enorme amizade.

En nome dos mariñeiros do bacallau, en nome de todas as boas xentes de ben do noso mar, agradecemento total ao pobo de Boiro por esta agarimosa decisión de honrar ao noso querido Beobide con esta honrosa distinción.