Abran a piscina xa!

La Voz CAIXA DE CORREO

BOIRO

03 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Chámome Antonio, son unha persoa xubilada que naceu e viviu en Boiro toda a súa vida, se exceptuamos os anos que pasei no mar e na emigración, traballando para construír a miña vivenda e a vida da miña familia en Boiro, onde paguei relixiosamente os meus impostos toda a vida.

Ultimamente ando un pouco delicado de saúde e o médico prescribiume ir regulamente á piscina, como exercicio básico para recuperarme da miña doenza cardíaca. Así o viña facendo nos últimos anos, eu e moitas persoas maiores e mozas ás que a piscina de Boiro, ademais de actividade de lecer, servíanos como un servizo básico de saúde.

Levamos case tres anos vendo vulnerado en parte o noso dereito á saúde, por atoparse a piscina municipal pechada ao público. Cando demandamos ao goberno actual de Boiro que este servizo sexa reaberto cóntannos diferentes escusas que para unha tempada poden valer, pero que á volta de case tres anos convértense en pouco cribles. Por iso, esta denuncia pública. Señores do goberno actual de Boiro, reabran a piscina xa por favor. É un servizo básico para a saúde de moitas persoas que non nos podemos permitir ir a Rianxo regularmente ou simplemente queremos acudir á nosa piscina, á de Boiro, que leva pechada agora máis tempo que nunca desde que se inaugurou. Deixen as escusas e abran a piscina xa. Antonio Sánchez Hermida. Boiro

Pode enviar os seus textos a redac.barbanza@lavoz.es