Dores Torrado: «O Partido Socialista mantén os seus sillóns coa complicidade da dereita»

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez RIBEIRA

BOIRO

CARMELA QUEIJEIRO

A voceira de Boiro Novo fala de dous anos de mandato decepcionantes

05 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Cando se lle pregunta á voceira de Boiro Novo pola súa visión do período transcorrido neste mandato, Dores Torrado teno claro: «O certo é que non hai moito que valorar». Con todo, non deixa pasar por alto cuestións que a levan a falar dunha etapa decepcionante para eles.

-Como definiría estes dous anos de goberno socialista no Concello de Boiro?

-Hai decepción con un goberno que prometeu unha axenda progresista para Boiro e que foi incapaz en estes dous anos de liderar o consenso e os acordos coas forzas progresistas que, sen pedir nada a cambio, investiron alcalde ao candidato do PSOE. Son cinco concelleiros e pretenden gobernar como se foran nove. Desde o noso punto de vista esa falta de consensos é unha irresponsabilidade do parte do Partido Socialista que pon en perigo proxectos de futuro para Boiro. Nin sequera executan os acordos plenarios.

-Pero aínda así si se conseguen acordos en algunhas cuestións durante este período.

-Falouse moito da moción de censura, pero o PSOE mantén os seus sillóns no goberno municipal coa complicidade da dereita, aquí ninguén é parvo, eses acordos tarde ou cedo páganse.

-Todos os grupos cuestionan a falta de diálogo por arte do executivo local.

-Porque non o hai, e se con cinco concelleiros non buscas consensos coas forzas progresistas tes que buscalos en outro lado.