Un de decembro


Cando agardo unha cousa con ansiedade, por absurda que esta sexa, a noite antes teño serias dificultades para durmir ben. Isto pásame dende sempre, é un defecto de fábrica que dubido que poida arranxar no que me reste de tempo.

Esta pasada noite pasoume iso mesmo, pero, a risco de caer no costumismo, teño que recoñecer que ó poñer un pé na rúa o cansazo desapareceu. Por primeira vez en días, as nubes deixaron paso a un sol que quentou un pouco os músculos dos participantes no Memorial Pepe Buceta. Calquera boirense que pase dos 30 lembra a Buceta, co seu trote constante e poderoso e o seu bo humor. Polo menos é o que eu lembro, e recórdoo con moito agarimo. Este merecidísimo memorial é a nosa pequena, ou xa non tanto, San Silvestre, que marca extraoficialmente o inicio do Nadal boirense.

Aínda que eu non corro, salvo que alguén ou algo me persiga, recoñezo que me agrada e me parece máis fermosa que encher o pobo de luces e facer ridículas contas atrás.

Continúa a entrar Lourenzo pola fiestra e Bilbo entrégase a el con tanto pracer que me dan ganas de deitarme ao seu carón. A ver se hai sorte e acompaña, (Lourenzo, non Bilbo) no derbi entre o Boiro e o Noia que con tantas ganas agardamos para esta tarde. De seguro que hoxe o municipal de Barraña estará ateigado, pero deixemos esta crónica para os profesionais porque, nin son xornalista deportivo nin futurólogo, e non podo consentir que a miña paixón polo club me faga ser branco fácil das chanzas deste luns.

E así comeza decembro, razoablemente ben. Agardemos que continúe así trinta días máis.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Tags
Comentarios

Un de decembro