Paula Novo: «Soño con chegar a ser profesional»

Con só 14 anos, a boirense vén de ser convocada pola selección española sub-16 para asistir a unha concentración nas Rozas

Paula Novo Saborido (Boiro, 2005) recibiu este luns unha das mellores noticias da súa vida. A selección española sub-16 convocábaa para unha concentración de tres días nas Rozas. Logo de facerse un oco e brillar co combinado galego, esta intensa defensa de só 14 anos queima etapas a unha velocidade abraiante. O futuro atópase nas súas botas.

-Parabéns pola convocatoria. Cando che dixeron que ías vestir a camiseta de España?

-Moitas grazas, o certo é que foi onte [por luns]. Estou moi contenta, moi feliz.

-Comentáronche en que vai a consistir a concentración?

-De momento só sei que estaremos de luns a mércores en Madrid. Van dúas rapazas galegas coas que xa estiven na selección o ano pasado. Viaxaremos as tres xuntas.

-E unha vez nas Rozas cal é o teu obxectivo?

-Pois tentar quedar na selección (ri), facerme un oco e procurar estar nos próximos torneos co equipo.

-Falaches xa ca adestradora?

-No, aínda non. Sei quen é, pero nunca falei con ela.

Coa selección galega tentei facelo o mellor posible. Creo que estiven bastante ben e xoguei bos partidos»

-O bo papel que fixeches no campionato de España do ano pasado puido ser a clave para que che chamara da selección?

-Creo que si. Coa selección galega tentei facelo o mellor posible. Creo que estiven bastante ben e xoguei bos partidos.

-O ano pasado disputaches a liga galega co Ribeira. Que tal foi?

-Foi un pouco complicado ao principio. Ao final da tempada acostumeime a esta categoría. Gustoume moito.

-Este ano tocouche volver a adestrar e xogar en Boiro.

-Si, vinme para as escolas. Fíxeno para estar máis preto de onde vivo e para aforrarlle traballo aos meus pais á hora de traerme e levarme aos adestramentos.

-Sempre é un esforzo...

-Si, ademais este ano non ían ter o mesmo tempo para achegarme a tódolos adestramentos.

-E que tal a adaptación ao novo vestiario en Boiro?

-De momento moi ben, gústanme os compañeiros que teño e tamén o adestrador.

-Con 14 anos xa poderías xogar nun equipo feminino. Prefires seguir cos rapaces?

-Gústame máis, creo que con eles teño que esforzarme máis á hora de xogar e de adestrar.

-Que clase de xogadora es? Como te defines?

-Pois non sei (ri). Creo que son unha defensa contundente. Gústame entrar forte ao balón, vou con forza, pero tamén son capaz de saír co balón xogado.

-Algunha referente á que queiras parecerte?

-Si, teño unha, que non é moi coñecida, pero que xa foi coa selección española sub-19. É Laia Aleixandri, que xoga de central no Atlético de Madrid.

-E cal é o teu soño?

-Soño con chegar a ser profesional. E conseguir xogar nun equipo como o Atlético de Madrid, ou o Barcelona...

-O Dépor tamén ten equipo na Liga Iberdrola...

-Si, tamén me gustaría (ri).

-Como ves o fútbol feminino. Parece que non para de crecer.

-Si, cada vez mellora máis. Esperando que creza aínda máis e que sexa máis importante.

Curtiña e ao pé

Unha xogadora: Laia Aleixandri

Un estadio: Riazor

Un gol: O de Zlatan Ibrahimovic coa selección de Suecia contra Inglaterra

Un adestrador: Pep Guardiola

Un ídolo: Lionel Messi

Unha película: After

Un lugar: Cabo de Cruz

Unha comida: Lasaña

Un soño: Chegar a ser profesional

Un equipo de lenda: O Barça

Un deporte que non sexa o fútbol: O voleibol

Una canción: Capitán Tapón, de Alejandro Sanz

Paula Novo: La zaguera que se abre paso en la élite del deporte rey de Galicia

Álvaro Sevilla

Dueña de un habilidad defensiva que la coloca entre las mejores de Galicia, es toda una promesa a su edad

Un muro. Insuperable en el uno para uno. Todo espíritu y valentía en tareas defensivas. El talento de Paula Novo Saborido (Boiro, 2005) no ha pasado desapercibido. Dueña de un carácter competitivo poco habitual a su edad, se ha ganado a pulso la titularidad en el Atlético Ribeira infantil de Liga Gallega y en la Selección Gallega Femenina Sub-15. La zaguera es una de las futbolistas con mayor proyección de la comarca de Barbanza.

«Llegó este año al equipo. Defensivamente es de las mejores de la plantilla. Tiene claros todos los principios defensivos». El que habla es Alberto Teira, quien dirige, junto a Fran Pena, el Ribeira infantil de Liga Gallega. Afirma que Paula es la única chica del bloque y, seguramente, de toda la competición.

Seguir leyendo

Votación
25 votos
Comentarios

Paula Novo: «Soño con chegar a ser profesional»