José Ramón Romero: «A bicicleta tamén é un instrumento de mobilidade»

s. gómez

BOIRO

MARCOS CREO

Convencido dos beneficios das dúas rodas, tanto para a saúde como para o medio ambiente, recoñece que o municipio precisa de maiores e mellores infraestruturas

05 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Este será o primeiro Día da Bicicleta para o novo rexedor, José Ramón Romero, coñecido por todos como Martiño (Boiro, 1975). para que os veciños poidan descartar o uso do coche e lanzarse a conquistar as rúas.

-Que supón o Día da Bicicleta para vostede?

-Creo que é unha cita importante para inculcarlle ao cidadán que hai outro medio de transporte, como é a bicicleta, que ademais é sostible. E máis aínda en Boiro, que é unha localidade moi chá, salvo nalgún sitio con montaña, polo que facilita o movemento en bicicleta. O importante é que a xente pase de velo como algo lúdico para o fin de semana e que colla ese hábito para desprazarse ou ir a traballar. Iso si, nós tamén temos que facer os deberes.

-Decía o edil de Deportes, Marcos Fajardo, que teñen proxectos para facer carrís bici. Como por exemplo na avenida de Barraña ou no Saltiño.

-No noso programa electoral levamos a súa construción. Pouco a pouco queremos ir facendo quilómetros e cando nos demos conta saber que xa hai unha cifra considerable.

-O Día da Bicicleta é unha boa chamada para este fin.

-É unha festa, unha forma de divertirse, pero queremos incidir niso, en que a bicicleta tamén é un instrumento de mobilidade. Boiro ten que seguir a senda doutros concellos e cidades que están a impulsar o uso da bici.

-Incluso Tráfico está coidando que os ciclista se sintan máis seguros cando circulan.

-Si, sabemos que está de moda a microbilidade, como cos patinetes eléctricos. É algo que se está comezando a regular, xa que existía un baleiro legal. Creo que vamos cara esa senda. Estase notando que a xente non utiliza tanto os vehículos a motor e decántase pola bicicleta ou os patinetes. Creo que vamos no bo camiño.

-Canta xente esperan no Día da Bicicleta?

-Sobre 750 ou 800 persoas, creo que andaremos por aí. Pode variar un pouco polas condicións metereolóxicas, xa que neste tipo de saídas a xente adoita a inscribirse no último momento. Neste caso pódense anotar ata a mesma saída. Creo que se ao final queda un día nubrado e non chove será moito mellor que contar cunhas condicións extremas.

-E vostede, ten boa relación coa bicicleta?

-Gústame andar en bicicleta, adoito saír cos rapaces durante a fin de semana. A eles encántalles e acostumamos a dar unha volta o sábado ou do domingo. Hai veces que cambiamos pola piscina, pero salvo as fins de semana con choiva o habitual é saír coa bicicleta.