Última hora
Sánchez suspende su agenda para reflexionar si renuncia a la Presidencia tras la denuncia contra su esposa

Seguen os contos pola igualdade en Boiro da man de Pedro Brandariz

La Voz

BOIRO

MARCOS MÍGUEZ

Anxo Fariña impartirá o venres un obradoiro de ilustración

18 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Biblioteca de Boiro • 18.00 horas • O programa Ler conta moito, que busca animar aos nenos a mergullarse no mundo da lectura pero tamén promover a igualdade, continúa a desenvolverse en Boiro coa visita de Pedro Brandariz. O coñecido actor narrará na biblioteca municipal unha serie de historias baixo o título Contos e outras andrómenas. A sesión está especialmente dirixida a nenos de 4 a 10 anos.

O venres será Anxo Fariña o que visite o edificio situado no parque da Cachada. Chegará á localidade co fin de impartir un obradoiro de ilustración, no que poderán participar un máximo de 25 nenos de entre 6 e 11 anos. A actividade, denominada A cidade violeta, comezará ás 19.30 horas e os interesados en sumarse teñen que reservar praza na biblioteca.

E o sábado será Brais das Hortas o que ofreza un espectáculo infantil. Chegará a Boiro ás 12.00 para presentar Contamos todas.