Homenaxe aos represaliados nas vilas de Boiro e A Pobra

La Voz

BOIRO

MARCOS CREO

O BNG pobrense fará un acto na zona do Pozo, onde houbo un centro de concentración

17 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • Hoxe en Boiro, ás 20.30 e mañá, ás 12.00 horas, na Pobra • Con motivo do Día da Galiza Mártir, que se conmemora hoxe, cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda, as agrupacións do BNG de Boiro e A Pobra teñen previstas dúas homenaxes na memoria dos represaliados en ámbolos dous municipios. No caso boirense, o acto terá lugar hoxe pola tarde na rotonda de Cimadevila, onde se inscribirá o nome de Santiago Miranda Lago, de Escarabote, fusilado en 1937 xunto con outros seis veciños do concello cando tiña 31 anos.

Pola súa parte, o BNG da Pobra ten previsto un dobre acto. Mañá ás 12.00 depositarase un ramo de flores na confluencia das rúas Alexandre Bóveda e San Roque, e logo a comitiva vaise desprazar á zona do Pozo. Alí estivo operativo un campo de concentración franquista no que estiveron confinadas un milleiro de persoas.