Raquel Suárez e Ana Pontón pediron o voto ao BNG en Boiro para defender ao sector pesqueiro

j.m. jamardo RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

DANI GESTOSO

Os nacionalistas abarrotaron a casa de cultura Ramón Martínez López

17 abr 2019 . Actualizado a las 12:11 h.

O sector pesqueiro foi un dos principais asuntos dos que os líderes do BNG falaron no mitin que tivo lugar onte á noitiña na casa de cultura de Boiro e ao que acudiron centos de militantes e simpatizantes. Tanto Ana Pontón coma o candidato ao Congreso, Néstor Rego, fixeron fincapé nos problemas que siguen preocupando aos veciños da comarca, principalmente aqueles relacionados coa pesca e o marisqueo

Nestes últimos tres anos Galicia estivo desaparecida en Madrid»

A primeira en falar foi a candidata dos frentistas á alcaldía boirense, Raquel Suárez, que reclamou o apoio dos seus veciños para as candidaturas do Bloque porque «nestes últimos tres anos Galicia estivo desaparecida en Madrid». Tamén interviron o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, así coma o candidato ao senado, Xosé Deira.

Ana Pontón recordou en Boiro que Galicia é «unha nación pesqueira, e a máis rica do mundo, tanto en pesca como marisqueo e acuicultura con máis de 1.100 bateas solo na ría de Arousa e cun punteiro sector da conserva».

A líder nacionalista destacou que Galicia precisa ser decisiva no Estado da man do BNG para que «nos despachos de Madrid «deixen de tomar decisións en contra dos intereses do sector pesqueiro e dos traballadores do mar». Entre as prioridades dos frentistas será «acabar coa discriminación das traballadoras da conserva, negociando un convenio netamente galego para este colectivo; promover un convenio colectivo para os traballadores da pesca; anticipar a xubilación das mariscadoras  aumentando os coeficientes de redución e recoñocer como doenzas laborais as que sofren as mulleres do mar».

Representación en Madrid

Pola súa banda, Néstor Rego salientou que se pode confiar nunha forza política que «sempre se caracterizou por dicir o que vai facer e por facer o que di». Tamén recoñeceu que ter capacidade política en Madrid, é «vital para defender os sectores produtivos. Aquí en Boiro coñecedes ben cal é o resultado  desta falta de capacidade política nun sector pesqueiro que foi chave no desenvolvemento da vila, pero cada vez máis castigado polas nefastas políticas dos gobernos español español e galego, que non defenden os dereitos da nosa flota».