Un sacerdote que deixou unha fonda pegada

José Ferreiro ordeouse no seminario de Compostela en 1959 e o seu primeiro destino foi no Castiñeiriño


ribeira / la voz

José Ferreiro García chegou a Boiro en 1987 e aínda que só estivo seis anos ao cargo da parroquia de Santa Baia, o seu traballo deixou unha fonda pegada entre os seus veciños. De feito, foi o primeiro sacerdote que impartiu unha misa en galego, e aqueles que o coñeceron destacan «o seu profundo amor por Galicia, e pola igrexa».

Ferreiro naceu en A Laracha, e tras estudar no seminario de Santiago, ordeouse sacerdote en 1959. O seu primeiro destino estivo na capital compostelá, no Castiñeiriño, e logo de traballar noutras vilas recalou en Boiro. O cura Marcelino Sánchez destacou que era unha persoa moi querida, sinxela e humilde, ademais de moi culta. «Sabía moitísimo de historia, arte, teoloxía e filosofía», apuntou, ademais de sinalar que sempre estaba axudando ás persoas máis humildes. A enfermidade da súa nai fixo que José Ferreiro cambiara Boiro por Santa María de O Burgo, en Culleredo, onde estivo traballando 23 anos ata que lle chegou a hora da xubilación. Alí celebrouse onte o seu funeral. O venres, ás 12.00 horas, terá lugar outra misa na igrexa de A Milagrosa de A Coruña oficiada polo arcebispo de Santiago.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Un sacerdote que deixou unha fonda pegada