Javier Romero: «O Lampón é o candidato ao ascenso»

S. GÓMEZ

BOIRO

MARCOS CREO

El técnico intenta conformar un bloque con visos de futuro

04 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Javier Romero (Boiro, 1972) é un trotamundos do deporte rei. Exfutbolista no Puebla, Boiro e Sporting de Lampón, precisa do arrecendo a campo de fútbol na súa vida. Logo do seu paso polas categorías base do EFM Boiro, tomou as rendas do Galicia-Bealo, co que intenta conformar un bloque con visos de futuro.

-¿Cal é a meta deste curso?

-Queremos compoñer un equipo para optar á posición máis alta. Estamos mellorando. Os primeiros postos están lonxe, pero intentaremos acadalos.

-Contra o Artes completaron unha gran actuación.

-Estamos crecendo moito e iso vese en cada partido. O resultado -un 1-2 para o Artes? é enganoso. Puidemos gañar 5-2, o seu porteiro foi o mellor. A mala sorte estanos acompañando. Estamos pelexando, pero o fútbol baséase no gol e fáltanos.

-¿As baixas e as sancións fixeron dano no vestiario?

-Houbo xente mancada dende o curso pasado e estamos recuperándoa. O equipo é curto, pero os rapaces son unha marabilla. Estanse adaptando aos adestramentos e ao que eu quero expresarlles. Se o conseguimos creo que chegarán os logros.

-¿Que Bealo quere que se vexa?

-Gústame un fútbol de toque, de buscar a portería rival. Ao final o que mete os goles é o que gaña, pero debemos ser fortes atrás e non regalar nada.

-É o que esixe a categoría.

-Témonos que adaptar. Coñezo aos rivais, pero cada curso baixa xente de Segunda e Primeira. Nos últimos dous anos o Bealo tivo moitas baixas. Buscamos mellorar, darlle unha continuidade a este proxecto e meter rapaces novos. Ao non ter equipo xuvenil é complicado, máis aínda tendo un campo de terra. Queremos xente que se identifique co club.

-¿Quen é o favorito ao título?

-O Lampón é o candidato ao ascenso, por xogadores e anos de traxectoria. O Artes ten xogadores determinantes, como Vicente, pero o Crocha e o Aguiño tamén me gustaron moito.