Dúas posibilidades para anotarse

La Voz

BOIRO

05 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

As persoas interesadas en formar parte do Día da Bicicleta deben saber que o prazo de inscrición remata hoxe ás 12.00, pero hai unha segunda oportunidade o domingo ata ás 10.30. Para participar só é necesario ter cumpridos os 6 anos e contar con casco de seguridade, obrigatorio para poder saír a pedalear polas rúas da atractiva localidade barbancesa. Para apuntarse, debe acudirse á Casa da Cultura, no parque da Cachada, ou facelo a través de rede. O correo electrónico deportes@boiro.org estará dispoñible para completar o proceso, no que só é necesario presentar nome, apelidos, data de nacemento, DNI e unha firma. Os menores de idade deben contar cunha autorización por parte dun titor.