Beni Silva: «Falta dar un paso, que é moi grande, para alcanzar ás mellores bancadas»

O técnico defende o esforzo preciso para chegar a ser un gran remeiro e a necesidade de calma nos mozos


Beni Silva (Boiro, 1961) conta ás súas costas con 35 anos de experiencia no mundo do remo. Técnico da traíña da Eusko Label Liga, foino todo en Cabo da Cruz, club no que se fixo un nome. Con moitas millas náuticas, valora a gran tempada do equipo, os retos do futuro, o camiño a seguir coa canteira e os pasos que se deben dar para seguir como referentes en Galicia.

-¿Como valora este verán?

-Creo que foi unha tempada moi positiva, estivemos nun nivel moi alto. Falta dar un paso, que é moi grande, para alcanzar ás mellores bancadas. Os de atrás veñen moi fortes e non nos podemos descoidar se queremos estirar este momento. Vivimos un ciclo positivo, cun equipo maduro, pero que seguramente ten unha fecha de caducidade. Buscamos aguantar este bloque un par de anos e recuperar xente do club disposta a adestrar duro.

-¿Que hai que mellorar?

-Funcionamos, pero debemos mellorar en condicións nas que hai mar de fondo e moito vento. Adestraremos máis iso porque impídenos render ao máximo nivel, tanto no caso dos remeiros como no dos patróns.

-¿Cal foi o episodio clave do verán, a bandeira de Hondarribia, o papel en Cabo ou a Concha?

-Quédome cos tres. En Hondarribia saíunos un regatón, pero tivemos condicións favorables. En Cabo meditamos moito a regata, houbo cambios o día antes en Tirán para reservar aos titulares para a casa. Foinos moi ben. Na Concha, sabíamos que estábamos entre os candidatos, pero logo de entrar sempre queres máis. É un campo complicado, con distancias enormes. Alí fixemos tres regatóns, a pesar de que as calles non nos favoreceron. O equipo baleirouse, é co que nos quedamos. Todos remataron contentos, con ganas de seguir un mes máis [rí]. O plan saíu, a planificación respondeu. Iso xera confianza, tamén a min.

-¿Que variou do ano pasado?

-Todo. Pasamos dun modelo de intensidade a un de volume con intensidades baixas de traballo. Pensamos en toda a tempada, e non en acadar a forma canto antes. Aproveitamos as primeiras regatas para collela. Iso permitiunos acabar máis oxixenados o verán. O exercicio anaeróbico láctico deixámolo fóra e baseámonos na capacidade aeróbica e no adestramento de forza máxima e potencia láctica. A meta era chegar no noso mellor momento a agosto. A maiores, fixéronse axustes, tanto no barco como nos remos. Estivemos a tombos cos remos en xullo, pero cambiámolos e en agosto déronos o punto de aire que faltaba.

-¿Manterán o bloque deste ano?

-Partimos con esta base, teremos dúas baixas, e contaremos cos rapaces que temos na canteira. Queremos que regrese algún remeiro de calidade que nos pode axudar. A ver se o conseguimos, porque é difícil entre a familia e os traballos..

-¿Cantos días están adestrando durante a tempada?

-Seis días á semana. Libramos xoves e son dúas horas ou dúas e media por sesión, sobre 15 horas en total. Hai que ter dispoñibilidade. Se os remeiros tiveran incentivos económicos sería máis sinxelo. Temos que dar ese paso, porque estamos competindo contra bancadas profesionais e semiprofesionais.

«É evidente que a sede xa quedou obsoleta»

Silva recoñece que competir ao nivel das mellores bancadas da Eusko Label Liga é realmente complicado. O seu potencial económico é demasiado importante como para facerlles fronte.

-¿É posible alcanzar aos grandes clubs vascos?

-Xogan noutra liga. Bermeo e Ziérbena son profesionais, e Orio e Hondarribia, semiprofesionais. Hai casos nos que, ao final da tempada, cada remeiro pode levarse uns 6.000 euros. Iso permítelles fichar, incluso a galegos. Dez dos mellores compiten alá. Se os tivéramos con nós poderíamos loitar con eles, porque os vascos tamén se debilitarían.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Tags
Comentarios

Beni Silva: «Falta dar un paso, que é moi grande, para alcanzar ás mellores bancadas»