Antón Riveiro Coello desvelaralle os segredos da escritura a 25 alumnos

La Voz

BOIRO

MARCOS CREO

Impartirá en Rianxo un obradoiro que se desenvolverá entre este mes e o de novembro

06 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O escritor afincado en Boiro Antón Riveiro Coello converterase a partir do sábado en mestre para impartir un obradoiro de creación literaria en Rianxo, baixo o título As historias no espello. Nun primeiro momento convocáronse 20 prazas para esta iniciativa, promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), pero finalmente optouse por darlle cabida a todas as persoas inscritas.

Ao longo de dez sesións, todas en sábado, os participantes descubrirán as técnicas narrativas, aprenderán a construír personaxes e coñecerán os erros máis comúns dos escritores, entre outros moitos contidos. Para levar a cabo o seu cometido pedagóxico, Antón Riveiro contará coa colaboración de Víctor Freixanes, que impartirá unha das clases.

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e a concelleira de Cultura, Raquel Ramos, que onte presentaron o curso xunto con Mercedes Queixas, da AELG, destacaron o éxito que espertou a actividade, que reunirá a alumnos de entre 15 e 71 anos.