Escarabote vén dun peixe

isabel santos

BOIRO

25 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai topónimos como Castro, Vilar, Outeiro, Costa, etc. que se repiten moitísimo. Dos 35 máis reiterados a nivel nacional, 34 son galegos, por sermos un dos pobos que máis gusta da nomenclatura toponímica. Pero hai lugares con nomes exclusivos, non rexistrados noutras latitudes, «perlas negras» de fermosa sonoridade, como Escarabote, lugar pertencente á parroquia de Lampón en Boiro.

Ligado á actividade mariñeira, é posible que reciba o seu exclusivo nome do peixe escarapote, tamén chamado cabracho, a miúdo confundido coa faneca brava, por seren ambos causantes de molestas picaduras entre os bañistas. Son da familia dos escorpénidos e a orixe etimolóxica é a palabra latina scorpionem, seguramente polas espiñas velenosas, a semellanza do insecto.

Pero este nome tamén o levaba unha planta, a genista scorpius, un arbusto con flores amarelas de uso común para tinxir a lá. E hai quen atopa un personaxe xermano, Engelbert, apodado Scathalot ou Schathaloch, que chegaría a ser pronunciado Escarabote. A toponimia ten estas cousas.