Barbanza conmemora o día de Rosalía

M.X.B.

BOIRO

cedida

Boiro dará cabida pola tarde a dous recitais

24 feb 2015 . Actualizado a las 14:50 h.

Desde primeira hora da mañá estanse a realizar en distintos puntos de Barbanza actos para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Ás 9.00 houbo en Porto do Son un recital a cargo dos nenos do colexio Santa Irene, mentres que ás 12.00, case trescentos estudantes de diferentes centros de Ribeira déronse cita no auditorio municipal para asistir ao concerto que ofreceron Najla Shami e Héctor Lorenzo. Estes músicos, que teñen un espectáculo sobre a obra da escritora do Sar, estarán mañá en Boiro para actuar diante dos escolares. Pero xa esta tarde, a localidade dará cabida a un par de recitais que teñen como fin lembrar á autora de «Follas novas». A primeira será ás 19.00 horas na casa de cultura da Cachada, onde os asistentes a un obradoiro impartido previamente por Marta Ríos poñeranlle voz aos versos da homenaxeada. Despois, ás 20.30, o noiés Manuel L. Rodríguez tomará o relevo na libraría Nobel. Alí, As Rianxeiras da Covecha pecharán o acto.