Se o Concello da Pobra compra esa propiedade, pechará unha das incorporacións máis relevantes ao patrimonio público do Barbanza
30 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Opasado sábado, durante as xornadas A Pobra do Caramiñal no tempo, o alcalde pobrense, José Carlos Vidal, anunciou que os trámites para a compra da finca do convento do Xobre estaban moi avanzados. O asunto xa superara o pleno municipal e agora debe ser aprobado no da Deputación da Coruña. Se a compra se consuma nos vindeiros meses, A Pobra do Caramiñal pechará unha das incorporacións máis relevantes ao patrimonio público do Barbanza nos últimos anos.
A finca do convento reúne moitos valores. Situada ao carón da igrexa parroquial do Xobre, incorpora as ruínas do mosteiro franciscano do século XV, diferentes dependencias de almacenaxe e renunciais, as ruínas das fábricas de salgadura situadas alí desde o século XIX e a maior parte do castro de Punta Ostreira, un importante emprazamento da Idade do Ferro onde apareceron pezas arqueolóxicas significativas que nos falan dun rico enclave da Galicia litoral.
Pero a ninguén se lle escapa outra variable: de se pechar a compra, A Pobra tomará dominio da súa fronte de paisaxe ante movementos especulativos. Co crecemento urbano que se rexistrou nos anos 60 e 70, as vilas da nosa costa están moi atadas á hora de construír paisaxisticamente o seu espazo. Como a finca en cuestión engloba o litoral sur da enseada da localidade, A Pobra deseñará o primeiro plano das vistas que terán veciños e visitantes.
Hoxe xa destaca diante nosa o parapeto do castro, aínda sen restaurar. É difícil non pensar con optimismo sobre as posibilidades que ten o espazo.