Aplazada a quinta Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes ao 24 de xullo

Alejandro Llovo / F. B. RIBEIRA / LA VOZ

A POBRA DO CARAMIÑAL

Imaxe de arquivo da carreira pola diabetes na Pobra
Imaxe de arquivo da carreira pola diabetes na Pobra CARMELA QUEIJEIRO

A carreira na Pobra do Caramiñal manterá as inscricións abertas ata dous días antes da cita

08 jul 2026 . Actualizado a las 11:56 h.

A quinta Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes, programada inicialmente para o 10 de xullo, finalmente terá lugar o venres 24 de xullo na Pobra do Caramiñal. A cita está organizada polo Concello, Anedia, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo, cunha participación aberta tanto para atletas federados como non federados. 

O programa desenvolverase según o previsto, co inicio ás 20.00 horas nas diferentes categorías dende sub-6 ata máster, incluíndo tamén a de zapatilla inclusiva. A saída estará situada na rúa Fernández Albor e a meta na praza Alcalde Segundo Durán.

Con motivo do aprazamento, o prazo de inscripción permanecerá aberto ata o 22 de xullo ás 14.00 horas, a través da web carreirasgalegas.com. A participación é gratuíta en tódalas categorías menos na absoluta, na cal o prezo é de 8 euros. Os dorsais poderanse recoller na praza Alcalde Segundo Durán ata media hora antes do inicio de cada carreira. 

Toda a información estará dispoñible na páxina web municipal apobra.gal, incluíndo o regulamento e o acceso ás inscricións.