A escritora María Canosa, gañadora do premio literario Carlos Mosteiro
A POBRA DO CARAMIÑAL

O nome da obra seleccionada é «Teño un volcán dentro»
29 dic 2022 . Actualizado a las 15:58 h.Xa se coñece a identidade da estilográfica que se alzou este ano co galardón de literatura infantil Carlos Mosteiro, organizado polo Concello de A Pobra, a asociación cultural Barbantia e a editorial Galaxia. Trátase da ceense María Canosa, rostro coñecido polas súas numerosas participacións en programas da Televisión de Galicia e que xa colleitou unha amprísima actividade literaria.
A escritora, natural de Cee, xa gañou máis dunha decena de concursos y certames de literatura, incluido o Rosalía de Castro da Lingua 2022.
Literatura con conciencia
O nome da obra seleccionada é Teño un volcán dentro. Sigue as vivenzas dun mozo con Asperger e as problemáticas que xorden no seu día a día por ter que lidiar ca súa condición.
A presente edición é a quinta que se celebra, e xa está confirmado que se volverá a organizar o ano que vén. O concurso foi un éxito total de participación, con case unha corentena de orixinais puxando por levar os 3.000 euros de premio. Ademais do importe, o volume vencedor será editado pola editorial Galaxia baixo o selo da colección Árbore. Ao longo do ano que vén, o Concello repartirá varios centos de exemplares entre os colexios da localidade para que os nenos pobrenses poidan gozar da condecorada historia.
O acto onde se deu a coñecer o fallo do xurado celebrouse onte pola mañá na sala de xuntas do concello, e a encargada de dar os detalles foi a concelleira de cultura, Patricia Lojo, que estivo acompañada polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e por representantes da editorial Galaxia e da asociación cultural Barbantia.