Os nenos da Pobra poden sumarse a un xogo organizado con motivo do Día de Rosalía

O día 24 realizarase unha ofrenda floral na praza que leva o nome da escritora do Sar


As sete Rosalías é o título do xogo que ao longo da vindeira semana se poñerá a disposición dos nenos da Pobra con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Do que se trata é de que os participantes busquen nos escaparates dos establecementos comerciais da vila siluetas coa forma de Galicia que conteñen no seu interior o rostro da escritora do Sar, acompañado de versos seus.

A actividade está promovida pola Concellería de Cultura, que se suma así á conmemoración do Día de Rosalía. Ademais, na propia xornada na que se celebra dita efeméride, o vindeiro mércores levarase a cabo unha ofrenda floral na praza que leva o nome da autora de Padrón. Será as 13.00 horas e incluirá, como en ocasións anteriores, a lectura de poemas.

No que ao xogo deseñado para os nenos se refire, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e a técnica deste departamento, Fita Sanisidro, explicaron que os debuxos estarán expostos nos establecementos da vila entre o luns e o domingo próximos. O desafío consiste en atopar as sete versións diferentes da imaxe de Rosalía que se distribuíron polas tendas. Unha vez conseguido, os nenos terán que cubrir uns impresos editados para a ocasión e entregalos nos colexios.

Entre todos os participantes efectuarase un sorteo, co fin de repartir 25 agasallos a outros tantos cativos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os nenos da Pobra poden sumarse a un xogo organizado con motivo do Día de Rosalía