Non sabemos facer outra cousa


Non son ninguén para dar leccións sobre como afrontar o futuro inmediato con esta pandemia. Antes de comezar a escribir este texto, Ourense acaba de ser confinado e Bruxelas pechou os bares durante un mes. Mañá, pasado, o vindeiro luns, certamente, non temos nin idea do que sucederá. Supoño que tranquilizará botarlle a culpa aos políticos desta situación, pero o asunto non é para doado para ninguén, nin para eles. Aquí somos todos novatos, como lle digo os alumnos. Todo o mundo está improvisando polo camiño e ata que a pandemia non remita o noso calendario vital vai vir marcado por estes sobresaltos. É normal que nos sintamos baixos de ánimo e sen motivación.

Pero si sei algo que quero compartir: négome a que a pandemia me infecte o cerebro e mo colonice, e faga que non fale nin pense doutra cousa que da Covid. Por suposto, temos que incorporar os novos condicionantes ás nosas vidas, pero hai que conseguir internalizalos de tal maneira que poidamos tirar para diante e seguir adiante.

Se non podemos viaxar a Xapón en primavera, ilusionámonos con descubrir Tras-os-Montes, o Xurés ou Soria. Se non podemos xuntar a 50 amigos por un aniversario, aproveitamos para celebrar dez festas distintas. A miña referencia vital, nestes momentos, son as formigas. A esencia do ser humano, igual que elas, é construír o destruído. Coma os vellos músicos, non sabemos facer outra cousa que crear, construír, tecer redes, lazos e amores. Así que xa saben, asumamos o que somos. E sigamos vivindo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Non sabemos facer outra cousa