A deputada  do BNG Rosana Pérez levará ao Parlamento as demandas da confraría da Pobra

A POBRA DO CARAMIÑAL

MARCOS CREO

A apertura de canais no peirao para a circulación das correntes é unha das históricas peticións da entidade

10 ago 2020 . Actualizado a las 20:34 h.

A deputada do BNG Rosana Pérez, acompañada dos concelleiros Amparo Cerecedo e Xabier Santos, mantivo un encontro con membros da confradía da Pobra, encabezados polo seu patrón mayor, Enrique Maceiras. Na xuntánza abordáronse algunhas das vellas reivindicacións da entidade, como a apertura duns canais no peirao para que poidan circular as correntes e, deste xeito, os bancos marisqueiros non se enchan de lodo. A intención da representante galega é trasladar este asunto ao Parlamento autonómico a partir do día 20, cando se constitúan as comisións. Rosana Pérez será a encargada da área de pesca e marisqueo no Hórreo. 

Rosana Pérez calificou de crítica a situación económica pola que atravesa a confradía da Pobra. Os seus representantes indicáronlle que teñen moitos problemas debido a que a crise sanitaria provocou un descenso nos prezos do bivalvo. A deputada manifestou que outras moitas confrarías están a atravesar por problemas, polo que demandará á Xunta que anticipe o pago das axudas para o sector. Precisou que non as percibirán antes dun ano, o que supón un importante problema.

No caso concreto da entidade pobrense, outro motivo de preocupación é que, segundo informaron á deputada, o sector de a pé só ten permiso para traballar durante 15 días no banco de libre marisqueo de Cabío, un tempo que se considera insuficiente. A isto únese o problema do furtivismo, que propicia un descenso dos recursos de que dispoñen os mariñeiros para comercializar.