Unhas xornadas buscan divulgar a figura e a obra de García Martí

O ciclo, promovido pola Concellería de Cultura pobrense, inclúe unha exposición, tres conferencias e unha representación teatral


ribeira

Co fin de dar a coñecer a obra e enxalzar a figura de Victoriano García Martí, a Concellería de Cultura pobrense vén de organizar unhas xornadas nas que arrancarán este mesmo fin de semana. O venres, ás 20.00 horas, inaugurarase no Museo Valle-Inclán unha exposición da que forman parte pezas cedidas pola familia do escritor. É unha colección comisariada por Rosario Mascato e documentada por Antonio González Millán e Rosa Méndez García. Previamente haberá unha ofrenda floral no busto do autor, onde tamén se lle dará lectura a un texto seu vinculado coa vila pobrense.

Barbantia sumarase o sábado a esta homenaxe coa presentación do libro Paseos por Victoriano García Martín, escrito por Carlos García Bayón. Estarán presentes a filla do autor do volume, Ana García, e Xesús Laíño, que representará á asociación cultural.

Para o día 18 hai programada outra conferencia, que tamén xirará ao redor dun libro: Victoriano García Martí. Por los caminos del siglo XX. O relatorio correrá a cargo de Arantxa Fuentes Ríos, doutora europea en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. E na xornada seguinte será Encarna Otero a que colla o relevo para falar da relación do escritor pobrense co feminismo.

Este ciclo rematará con teatro. O día 20, un elenco formado por un grupo de actores e músicos da localidade presentará Don Severo Carballo. Del alma gallega.

A concelleira de Cultura pobrense, Patricia Lojo, expresou o seu desexo de que o ciclo teña continuidade no futuro e poida ir sumando actividades cada ano.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Unhas xornadas buscan divulgar a figura e a obra de García Martí