Desembarco electoral do BNG en Porto do Son e na Pobra

A POBRA DO CARAMIÑAL

EUROPA PRESS

En Marea ofrecerá un mitin o domingo en Ribeira

19 abr 2019 . Actualizado a las 19:33 h.

A maquinaria política continúa nesta Semana Santa e o BNG ten programados para mañá sendos actos electorais na Pobra e en Porto do Son. Ambos serán ás 20.00 horas, e na vila pobrense terá como escenario o auditorio do Museo Valle-Inclán. Por alí pasarán o candidato do Bloque á alcaldía, Ramiro Ouviña, a número dous e tres da lista nacionalista neste concello, Cristina Andrade e Laura Novelle, e o deputado no Parlamento galego, Xosé Luis Rivas, Mini.

Este último también participará no actos sonense que terá lugar na casa da cultura e que contará co candidato á alcaldía por Porto do Son, Balbino González e coa candidata ao Congreso pola provincia da Coruña, Maruxa Martínez.

Ademais, tamén estará en Ribeira, ás 11.30 horas no Malecón de Ribeira, a candidata de Ciudadanos pola provincia da Coruña, Marta Rivera.

Praza de Vigo

En Marea tamén ten programado un acto esta fin de semana na comarca. Será na praza de Vigo de Ribeira o domingo, ás 19.00 horas, e no mitin participarán Luís Villares, Ana Seijas, Mariló Candedo e Adrián Dios.