Goberno Twitter


Supoño que, coma moita xente, seguín estes días o nomeamento de ministros como se fora a pedrea do Nadal. Nunca durante tres días un evento político non electoral nin parlamentario colapsou ?abraiou? tanto á opinión pública do país. Non vou entrar aquí en valoracións políticas sobre as condicións do Goberno e da manobra ?espectacular? de Pedro Sánchez, aínda que si me gustaría dicir que é a enésima confirmación de que aos galegos só se nos considera nas mesas de Madrid cando hai que servir marisco.

Esta debe ser a primeira formación dun goberno pensada para entreter aos usuarios de redes sociais, porque non ten sentido político ningún ir botando nomes a contagotas. Para esas mesmas redes que as súas señorías consultan viciosas cos teléfonos móbiles, e coas que combaten o tedio parlamentar.

A sucesión de nomes, desde Borrell, seguiu unha especie de guión. O de rematar con Màxim Huerta puido ser improvisación, claro, pero pensen vostedes que pasaría se Huerta tivera saído de primeiro. As cousas serían moi distintas.

Os gobernos, mesmo a nivel local, xa actúan para as redes. Non é novo. Eu xa sei duns cantos proxectos chulos en concellos que foron abaixo porque algúns malintencionados botaron por fóra nas redes sociais. E o político, que é un animal temeroso, non se arriscou confundindo un post de miseria con opinión pública. Temo que os vindeiros meses serán tamén un teatro de hashtags, como acabou sendo a foliada catalá nas horas previas ao 27 de outubro.

As redes sociais non eran para isto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Goberno Twitter