A aposta por converter a mobilidade eléctrica nunha alternativa real ten que vir das corporacións municipais.
01 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Corría o mes de xullo do 2021, cando a unha proposta do PSOE local ribeirense, en reunión plenaria, propoñía a implantación de cargadores eléctricos para desenvolver e potenciar este tipo de mobilidade, que permite a redución de emisións e de ruídos gañando en eficiencia enerxética, mellorando a calidade do aire, tanto no centro da cidade como nas parroquias e, polo tanto, diminuír a dependencia dos derivados do petróleo.
Pasou o tempo e dous gobernos, pero Ribeira segue sen introducir na súa estrutura urbana municipal o solicitado naquel pleno. Daquela a hoxe este tipo de mobilidade evolucionou e cada vez obsérvanse este clase de vehículos polas estradas das nosas comarcas e máis que se verán a medida que nos acheguemos a época do estío onde, se as cousas non van mal, teremos un bo número de visitantes.
Inda que non basta con instalar cargadores nos lugares adecuados, deberán ir acompañados dunha sinalización correcta, dun mantemento adecuado e cun operador responsable para evitar os problemas do cargador pantasma, aquel que non conta coa potencia adecuada ou está danado sen que o operador teña coñecemento. As axudas do Plan Moves III da Xunta poden subvencionar aos concellos para implantar puntos de recarga nun 70 por cento.
A aposta por converter a mobilidade eléctrica nunha alternativa real ten que vir das corporacións municipais e para iso deben achegar confianza, que se acada vendo cargadores nas rúas, proximidade para ter aceso a eles e confianza para saber que non estarán desatendidos. Para iso, quizais, un primeiro paso sexa que nos aparcadoiros de propiedade e explotación municipal estean instalados estes aparatos. Sería un primeiro paso.