A Pobra reivindica a memoria de Manuel Hermo, fusilado en Boisaca

La Voz

BARBANZA

<span lang= gl >Xan Hermida e Carlos Cimadevila, de Memoria Histórica de Barbanza, presentaron os actos coa concelleira Patricia Lojo e o historiador José Antonio Pérez</span>
Xan Hermida e Carlos Cimadevila, de Memoria Histórica de Barbanza, presentaron os actos coa concelleira Patricia Lojo e o historiador José Antonio Pérez

José Antonio Pérez presentará o seu libro sobre o exalcalde este venres

07 abr 2026 . Actualizado a las 15:01 h.

En colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, o Concello da Pobra conmemorará este fin de semana o Día da República. Os actos programados buscan reivindicar a memoria democrática e honrar as vítimas da represión franquista.

O primeiro deles terá lugar este venres ás 20.00 horas no auditorio. Trátase da presentación do libro Manuel Hermo Vidal, unha vida mutilada, obra de José Antonio Pérez Fernández. A publicación recolle a traxectoria do que foi alcalde da Pobra, apresado tralo estalido da Guerra Civil e posteriormente fusilado en Boisaca.

Ademais do autor e da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, están previstas as intervencións da fiscal delegada en materia de Dereitos Humanos e Memoria Democrática da Fiscalía Provincial da Coruña, María Encarnación Mayán Santos.

Os actos continuarán o domingo no lugar do Confurco (Lousame). Ás 12.00 horas celebrarase o nomeamento de José Antonio Pérez Fernández como republicano de honra. Durante a xornada procederase á lectura do poema de Eme Cartea e haberá actuacións musicais de Aldara, Sara e Bernal. A homenaxe rematará cunha ofrenda floral en lembranza das vítimas.

Como peche da programación, ás 14.30 horas organizarase un xantar de confraternidade con entrada libre ata completar o aforo.