Clara aposta polos escritores da comarca
08 nov 2024 . Actualizado a las 15:34 h.No momento de elixir libros en castelán, os lectores de Barbanza decántanse pola historia e a intriga, aínda que a temática romántica tamén inflúe bastante nas vendas. A gran singularidade está nas preferencias literarias en galego, posto que hai unha clara aposta polos escritores da comarca.
Antón Riveiro Coello é unhas das plumas preferidas e o seu Hotel Carioca, que foi merecedor do Álvaro Cunqueiro de novela no 2022, aínda segue a ter demanda. En Outes e arredores, o líder das vendas en galego é Abel Tomé. «Sen dúbida, a proximidade manda», sinala a libreira María José Lestón, que engade que tamén María del Carmen Rey Núñez, autora de Mazaricos, ten boa aceptación.
Tamén a proximidade leva aos veciños de Carnota e arredores a decantarse por Héctor Pose, natural de Malpica. O feito de térselle dedicado o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta propiciou que un libro de poemas seus ilustrado por Maribel Longueira, Papagaio, se situase entre os máis demandados deste ano.
No que á literatura en castelán se refire, os barbanceses demandan aqueles volumes que están entre os máis lidos a nivel estatal. Juan Gómez-Jurado, Carmen Mola e Julia Navarro son as plumas que máis interese espertan na comarca, pero nesta selecta lista tamén figuran autores galegos que escriben en castelán, sendo nestes intres o máis importante Manuel Loureiro.
A novela romántica ocupa un oco destacado nas librarías de moitos barbanceses e, neste xénero, Megan Maxwell é a preferida. Ademais, Stephen King é un escritor que semella non pasar de moda. Entre os máis pequenos, a colección Unicornia é a gran triunfadora.
Hotel Carioca
Antón Riveiro Coello
Editorial Galaxia
594 páxinas
Muxos
Héctor Pose
Hércules de Ediciones
140 páxinas
O papagaio
Luísa Villalta
Editorial Kalandraka
112 páxinas
Milú e o edificio...
Abel Tomé
Editorial Xerais
144 páxinas
Cuando la tormenta pase
Manuel Loureiro
Editorial Planeta
480 páxinas
El paciente
Juan Gómez-Jurado
Editorial B
474 páxinas
El clan
Carmen Mola
Editorial Planeta
450 páxinas
El niño que perdió la guerra
Julia Navarro
Plaza & Janes
640 páxinas