O Concello de Ribeira convoca a décima edición do concurso de novela curta Cidade Centenaria

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Á novena edición do certame chegaron vinte traballos, e o gañador darase a coñecer a finais deste mes de maio
Á novena edición do certame chegaron vinte traballos, e o gañador darase a coñecer a finais deste mes de maio cedida

O nome do gañador do último certame coñecerase a finais deste mes de maio

16 may 2024 . Actualizado a las 19:18 h.

Os membros da xunta local do Concello ribeirense aprobaron na última reunión as bases que rexerán a décima edición do concurso internacional de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira, ao que poderán presentarse todas aquelas persoas maiores de idade, independentemente da súa nacionalidade e residencia, que acheguen un traballo en lingua galega (empregando a normativa ortográfica e morfolóxica da RAG). A temática do texto será libre, pero ten que ser orixinal e inédito.

A obra, cunha extensión mínima de 80.000 caracteres con espazos e máxima de 140.000, presentarase por quintuplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara —tipo de letra Times New Roman, tamaño 12—, debidamente grampados ou encadernados co título e pseudónimo, sen firma ou calquera outro elemento que poida ser identificador do autor. Ademais, hai que entregar un cedé co arquivo dixital do texto en formato Word, OpenOffice ou similar.

  

Premio de 3.000 euros

Outros dos requisitos que deben cumprir os participantes son que teñen que estar ao corrente das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, e non estar incursos en ningunha das exclusións previstas na normativa sobre subvencións. O autor do traballo que resulte finalmente elixido levará un premio de 3.000 euros en metálico e acaba de abrirse o prazo de presentación de orixinais, que finalizará no mes do marzo do ano próximo.

Á última edición deste certame se presentaron una vintena de traballos e o gañador darase a coñecer a finais deste mes.