A novela, a raíña das vendas

Laura Ríos RIBEIRA

BARBANZA

En galego, os títulos máis pedidos son os grandes clásicos

11 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha cousa é o que recomenden os libreiros e outra o que acaben mercando os lectores. Os reclamos publicitarios e as opinións en liña son unha poderosa ferramenta á hora de comercializar certos títulos, sobre todo daqueles cuxos autores son coñecidos por ter gañado premios importantes ou publicar bestsellers.

No caso da venda de libros en castelán, máis abundante que en lingua galega, as grandes protagonistas son novelas escritas por plumas recoñecidas a nivel nacional e internacional. Destaca especialmente Meghan Maxwell, seudónimo de María del Carmen Rodríguez del Álamo Lázaro, unha autora madrileña cuxos libros non necesitan nin sequera ser publicitados, asevera Luz Estévez, de Kiosco Luz. Algo semellante pasa con Arturo Pérez-Reverte e Mario Vargas Llosa, cuxo renome na industria leva ao clientes a preguntar polas súas últimas publicacións.

Moi diferente é o conto cando os libreiros falan dos títulos en galego, pois todos eles coinciden en que os máis vendidos son os que os colexios e institutos piden como lectura obrigatoria para os rapaces.

Aínda así, si que hai autores capaces de enganchar ao respectable o suficiente como para que veñan a pedir as súas novidades, como é o caso de Antón Riveiro Coello, especialmente solicitado nas librerías de Boiro e A Pobra.

Tamén teñen moi boa saída as tramas complexas de Domingo Villar, sobre todo a súa obra póstuma Síbaris, que segue a acadar tanto éxito como todas as súas novelas anteriores. Un dos nomes que máis se repiten é o do escritor e xornalista Pedro Feijoo.

NOVELA

Título: Hotel Carioca

Autoría: Antón Riveiro Coello

Precio: 24,70 euros

NOVELA

Título: Te dedico mi silencio

Autoría: Mario Vargas Llosa

Precio: 19,85 euros

Novela

Título: Ninguén contará a verdade

Autoría: Pedro Feijóo

Precio: 23,70 euros

Novela

Título: El problema final

Autoría: Arturo Pérez-Reverte

Precio: 20,99 euros

Novela

Título: Síbaris

Autoría: Domingo Villar

Precio: 15,95 euros

Novela

Título: ¿Y a ti qué te pica?

Autoría: Meghan Maxwell

Precio: 16,99 euros