Baterías

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Recarga de un coche eléctrico
Recarga de un coche eléctrico

15 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A foto publicada por un xornal luso de colas de coches eléctricos Tesla esperando ser cargados no Algarve, tendo que agardar máis de un día, é unha alarma sobre o que nos queren impoñer para «salvar o planeta».

Hai uns días non me abría o portal do garaxe, porque fallaba a batería do comando. Solucioneino con tres euros. Outro día non abría o coche, porque fallaba a batería do mando. Solucioneino con seis euros. Noutra ocasión, o móbil non funcionaba, porque tiña corrompida a batería. Xa me custou máis cartos, e nos modernos dispositivos actuais, se se che estraga, tes que comprar un móbil novo, o que sobe o custo a máis de mil euros.

A batería dun Tesla pesa 950 quilos, case unha tonelada. Cando se estraga, o custo supera os 24.000 euros, e non é para toda a vida, como ningunha outra. Ademais da volta que che pode dar cando tes que cambiala, volves pensar en salvar o planeta, e non che din onde van gardar esa batería corrupta.

Como é que non reaccionamos ante esta barbaridade? As políticas publicitarias do Tesla son como as de Apple, atractivas e que impulsan a crear un desexo no noso corazón, pero hai moitos máis eléctricos. Agora xa nos queren vender a idea de arrendar o coche para ter sempre un coche novo na porta, e os eléctricos son prioritarios, pero ¿a onde van parar as baterías?

Se o 70% dos automóbiles privados españois dormen no espazo público, non van poder ter enchufes para todos, se vives nunha comunidade de veciños, non van dotar todas as prazas de enchufe. Que nos están vendendo os políticos, seducidos polas comisións dos grupos de presión?