A lectora: Paula Places Horta, estudante de Psicoloxía na USC

La Voz

BARBANZA

25 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Gústame máis ler durante o verán, especialmente á tardiña.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Adoito seguir as recomendacións das miñas amigas ou da miña nai, que é boa lectora.

3. Que lle achega a lectura? Paréceme un momento de desconexión entretido e, ademais, de moita aprendizaxe.

4. Os seus libros favoritos. Gústanme as novelas realistas e tamén libros autobiográficos.

5. Un xénero literario. Novela negra.

6. Un personaxe e un espazo literario. A forma na que Jan de La joven de las naranjas escribe, pola súa actitude optimista, paréceme especial. Un espazo literario significativo: a Baixa California que Steinbeck define en A Perla.

7. Que está a ler agora? Alguien bajo los párpados, de Cristina Sánchez Andrade.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Carlos Casares e Sally Rooney.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Gústame moito a música e o baile.

10. Unha paisaxe do Barbanza digna de libro. Os castros de Baroña e a súa historia.