Amantia Coello: Psicóloga socioeducativa e directora de teatro

La Voz

BARBANZA

CEDIDA

25 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Pola tarde-noite, pero o que máis desfruto é ler no inverno mentres fóra chove.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. A temática ou argumento adoita ser o importante. Tamén me guío por algunha recomendación, o instinto ou unha mestura.

3. Que che achega a lectura? Viaxar a outras realidades. Coñecemento, perspectivas, estimular a imaxinación e a reflexión.

4. Os seus libros favoritos. Difícil… pode que O señor dos aneis. Por outra banda, Unha habitación propia, de

Virginia Woolf, é lectura necesaria.

5. Un xénero literario. O teatro. Tamén ensaio, poesía e narrativa (fantástica e ciencia ficción).

6. Un personaxe e un espazo literario. Alicia, de Lewis Carrol, Pipi Mediaslongas, de Astrid Lingred, e Mafalda, de Quino.

7. Que está a ler agora? La escala de Mohs, de Gata Cattana; Annus horribilis, de Chévere, Recuperemos as mans, de M. X. Queizán.

8. Un autor/a en galego e outro/a noutra lingua. En galego pode que Rosalía de Castro e Manuel María. Noutra lingua Federico García Lorca.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan seu lecer? O teatro, a natureza, o cine/series, e os xogos de mesa.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. Pozo Bastón, en Araño, ou a Aldea Vella, no Río Pedras.