Arranca unha nova edición do festival OlloBoi, que fixa a gala para o 26 de maio

M. X. B. RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

marcos creo

Centros educativos e persoal vinculado co ensino xa pode enviar as súas pezas audiovisuais

28 ene 2023 . Actualizado a las 18:42 h.

Xa está en marcha unha nova edición do festival de cine escolar OlloBoi coa vista posta no 26 de maio, data para a que está fixada a gala de entrega de premios. Esta cita incluirá, como nas últimas edicións, un encontro, obradoiros de realización de curtametraxes e proxeccións.

A asociación Olloboi, encargada da organización, anunciou que os centros educativos e o persoal vinculados e estes xa poden enviar as súas pezas, tendo de prazo ata o 5 de maio. Para facelo, deberán empregar a plataforma olloboi.com, onde atoparán tamén toda a información relativa a esta convocatoria.

Nesta edición, o festival conta con sete categorías: interpretación, videoclip, imaxe, guión, animación, videocreación e vídeo. A maiores, concederanse cinco galardóns especiais distribuídos do seguinte xeito: colexios de infantil e primaria, centros de ensino posobrigatorio ou mestres, escolas, cinema de guerrilla e un premio especial, o Zamburrioi, que concederá a asociación Olloboi.