Manuel Gago Pérez, escritor e historiador: «A perda de conexións entre as beiras da ría de Arousa é unha mágoa tremenda, estamos moi illados»

Christopher Rodríguez
c. Sóñora RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Gago destaca a centralización da actividade económica.
Gago destaca a centralización da actividade económica. Sainza Pardal

O ribeirense afirma que a evolución das comunicacións mermou as relacións entre Barbanza e O Salnés

26 ene 2023 . Actualizado a las 09:51 h.

Os tempos cambian, a sociedade evoluciona... e as relacións mudan. Barbanza e O Salnés non están exentos deste fenómeno e o escritor e historiador sobre a ría de Arousa Manuel Gago Pérez (Palmeira, 1969), pode dar boa conta disto. No seu libro Galeóns, vapores e motoras, narra a historia da ría dende finais do século XIX ata mediados do XX, unha época que dista moito de parecerse a actual.

«A perda de conexións entre as beiras dá unha mágoa tremenda, estamos moi illados. Nosos pais e nosos avós coñecíanse todos. A xente ía e viña, sobre todo por as relacións marítimas. Mariños de Cambados ou de O Grove quedaban a durmir nas casas de seus compañeiros de Barbanza por mor dos malos tempos e viceversa», explica o escritor.

Ademais da súa faceta literaria Gago exerceu durante dúas décadas como inspector de seguridade na Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa, polo que foi testemuña de excepción do proceso polo que o norte e sur da ría se foron afastando.

«As relacións víronse claramente deterioradas polo transporte. Coa chegada das estradas a economía cambiou e desligouse un pouco do mar. Na actualidade practicamente todo o mundo ten que ter un coche. Algo semellante sucedeu cos peiraos de madeira, co difusión dos camións as mercancías xa se transportaban por terra», afirma.

Transporte público

En canto ao transporte público terrestre, Manuel Gago é perfectamente coñecedor das limitacións existentes a pesar das estreitas relacións que unen o norte e o sur da ría de Arousa. Nese sentido, o ribeirense lembra outras épocas nas que se intentou instaurar unha liña regular conectando as Rías Baixas.

«Os autobuses agora non van a ningún sitio. Cando se pode tirase do coche, pero por comodidade, o de ter que ir a Padrón é complexo. Houbo un momento no que a empresa que xestionaba este tipo de transporte puxo unha liña directa aos venres e aos luns para os estudantes que viñan dende Vigo. Para eles sería factible, pero non se está pola labor», asevera Gago.

Por outra banda, segundo afirma o escritor as relacións entre rías tamén se viron comprometidas en gran parte pola centralización da actividade económica galega. Con isto refírese ao éxodo comercial dende a costa en prol da capital, Santiago de Compostela: «Antes había que ir ao médico para embarcar e íase a Vilagarcía nos vapores. O comercio tampouco depende tanto da costa a pesar da gran cantidade de persoas que vivimos nela. Agora vaise a todo a Santiago, pero daquela era moito máis práctico cruzar a ría».

Seguindo polo transporte público, pero esta vez referíndose á posibilidade de instaurar unha liña de comunicacións permanente por mar, Manuel Gago compara a situación de Barbanza e O Salnés con outras zonas que si dispoñen deste servizo, coma a ría de Vigo. «É un lugar cunha cantidade de poboación tremenda, pero súa ría é mínima con respecto á nosa. A Arousa é ampla, en inverno seguramente se complicaría este transporte», di.

Co coñecemento das históricas relacións que uniron e unen na actualidade ás dúas beiras arousás, Gago non termina de ver claro cal podería ser a solución para que volvan os tempos na que Barbanza e O Salnés eran practicamente un mesmo territorio. Tendo claro a importancia das comunicacións e as limitacións existentes «igual facer unha ponte é o mellor», asegura entre risas.

Doña Lola en A Illa, Mariloli en Ribeira

bea costa

Lola Folgar nació a unos metros de la Fonte de Padín, en Ribeira. Dejó aquella casa a los 21 años, cuando se casó con Óscar o alemán, y ahora, con 80, vuelve cada fin de semana, en Navidades y en otras fechas señaladas para disfrutar del confort que le ofrece su segundo hogar, herencia de su madre. Allí, en su barrio, en el colegio, en la emisora parroquial..., siempre fue Mariloli, y así la siguen llamando sus amistades y familiares. Mariloli cambió de nombre al cambiar de orilla, en 1963, cuando ya como mujer casada se convirtió en Dolores, y, poco después pasó a ser Doña Lola para sus alumnos y para el resto del pueblo.

Seguir leyendo