O alumnado do ciclo da USC de Ribeira visitou Rianxo coincidindo co mes de Castelao

La Voz RIBEIRA

BARBANZA

CEDIDA

A escritora Ánxela Gracián acompañou aos participantes 

25 ene 2023 . Actualizado a las 11:21 h.

Coincidindo coa celebración do mes dedicado a Castelao, o alumnado co cuarto Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) na súa sede de Ribeira realizou unha visita cultural a Rianxo, sumándose así aos que se veñen desenvolvendo arredor da figura do ilustre rianxeiro.

Unha trintena de persoas percorreron as rúas da vila natal de Castelao acompañados pola escritora Ánxela Gracián, que durante o primeiro cuadrimestre do curso foi a súa profesora de literatura. Ademais da visita, os participantes estudaron a obra do rianxeiro coincidindo co Día da Ilustración e a data na que naceu o literato en 1886.