O Camiño A Orixe consolídase da man da Peregrinación Europea Xuvenil

Christopher rodríguez / s. g. RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

christopher rodríguez

A iniciativa, na que participa Barbanza Arousa, busca seguir promovendo a ruta

28 jul 2022 . Actualizado a las 19:29 h.

A Mancomunidade Barbanza Arousa e a Asociación de Amigos do Camiño A Orixe presentaron onte, na igrexa de Santiago do Deán da Pobra, a súa inclusión na Peregrinación Europea Xuvenil. A participación neste proxecto ten como principal obxectivo seguir promovendo o Camiño A Orixe, ruta que viaxa aos inicios da tradición xacobea a través das terras da comarca. O traxecto conta con aproximadamente 130 quilómetros divididos en cinco etapas que reproducen o percorrido que, segundo a tradición, fixo a barca que transportaba ao Apóstolo Santiago.

Dende esta fin de semana, un total de 1.039 mozos, procedentes do resto de España e de Italia, percorrerán unha ruta que parte do faro de Corrubedo e que á altura de Padrón enlaza co Camiño Portugués. Durante o traxecto visitarán lugares emblemáticos da Barbanza como poden ser a lagoa de Vixán, a igrexa de Santa María A Antiga da Pobra do Caramiñal ou os castros de Neixón. Os grupos participantes están formados por rapaces e rapazas de Xerez, Asturias, Cataluña, Sevilla, das agrupacións Liberación de Universitarios e Carmelo Joven, así como visitantes da cidade italiana de Lucca.

Xosé Lois Piñeiro, presidente de Barbanza Arousa, mostrouse moi satisfeito co proxecto despois do recente acordo coa Asociación de Amigos do Camiño A Orixe para incentivar a difusión desta ruta que, na súa opinión, destaca polas incribles paisaxes: «Es una fecha muy esperada por todos. Un grupo numerosísimo de jóvenes peregrinará por el camino del Barbanza en los próximos días. Para facilitar su estancia hemos puesto a su disposición diversos polideportivos en los que puedan pernoctar».

Manuel Mariño, presidente da Asociación Amigos do Camiño A Orixe, comentou a necesidade de mostrar aos peregrinos de todo o mundo as posibilidades desta ruta: «Desde la asociación pretendemos dar visibilidad al Camino A Orixe. Lo consideramos una travesía viva. Los grupos que nos van a acompañar pondrán en valor el Camino de Santiago y darán a conocer Barbanza al mundo de la peregrinación».

Visitantes italianos

Un dos grupos de peregrinos máis destacados que percorrerá a comarca a partir desta fin de semana son mozos procedentes de Italia. Paolo Giullieti, arcebispo de Lucca, acompañará aos rapaces nesta travesía que é totalmente nova para el: «Estoy muy contento de descubrir nuevas rutas de peregrinación. Partiremos desde Ribeira con la intención de llegar a Santiago de Compostela el 2 de agosto. Este tipo de actividades son muy importantes para que los jóvenes europeos desarrollen nuevas ideas y sean protagonistas en la evolución del continente».

No acto tamén estivo presente o párroco da Pobra do Caramiñal, Manuel Antonio, que comentou algunhas das dificultades polas que pasou o proxecto ata chegar a materializarse: «Esta peregrinación en la que participamos desde el Camiño A Orixe se realiza cada año jacobeo para los jóvenes europeos. En este caso, estaba planeada para ser llevada a cabo en el 2021, pero tuvimos que posponerla por las circunstancias sanitarias que todos conocemos».

A xerente de Barbanza Arousa, Fátima Cachafeiro mostrou o seu orgullo porque a comarca poida contar con este traxecto e coa masiva visita de peregrinos: «Es un auténtico honor tener aquí la Peregrinación Europea Juvenil. Supone un gran paso para la promoción del Camino A Orixe».

Este proxecto complementa as actividades que se realizarán arredor da Orixe, como son as charlas en centros educativos dos concellos da mancomunidade e as campañas de sensibilización sobre a ruta xacobea ou sobre o trazado da Orixe.