Convocada a novena edición do certame Albariza de Artes

Ribeira / La Voz

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

O 13 de xuño acaba o prazo para presentar proxectos

21 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación cultural Albariza de Artes, en colaboración coa Concellería de Cultura de Ribeira, vén de convocar a novena edición do seu certame literario, ao que poderán concorrer todos os escritores que o desexen, con obras en galego. Establecéronse catro categorías, que abranguen desde nenos de 9 anos a adultos a partir de 18.

Os interesados en concorrer teñen ata o 13 de xuño para remitir as súas obras ao Centro Recreativo de Artes. Teñen que ser poesías de entre 20 e 50 versos ou textos en prosa (lendas ou relatos), cunha extensión máxima de dúas páxinas.

Está previsto que o fallo do xurado se faga público o 26 de xuño.