A música tamén será protagonista o día 15, ás 19.30 horas, da man da Agrupación Caramiñas e As letras, mentres que o 21 será o concerto coral de Abrente Cantos de aquí e acolá.
Tamén se poderán coñecer as mellores obras dos Premios de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, coa presentación do seu ganador, Xosé Antonio Neira Cruz, o día 20 no auditorio Valle-Inclán. O autor de Luces de bohemia protagonizará unha exposición de carteis no museo que leva o seu nome o 18 de maio.