Con todos estes argumentos, o BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para converter a estrada de Catoira a Caldas nunha vía de altas prestacións: «É necesario que sexa de titularidade e de xestión autonómica e que o acordo entre as tres Administracións chegue canto antes, como primeiro paso cara unha mellora da conexión entre o sur da provincia da Coruña e a de Pontevedra». Pola súa banda, o alcalde de Rianxo subliñou que é hora de que esta actuación se inclúa na programación viaria da Xunta.